Friday 03 de May de 2024

Recital de piano no conservatorio da man do prestixioso Pau Fernández Benlloch


Mañá venres 18 de marzo, e como remate ao segundo trimestre, o Conservatorio Municipal organiza un recital a cargo do pianista Pau Fernández Benlloch.

Este pianista nado no 1998 estudou no Conservatorio Profesional de Valencia co profesor Ignacio Millán e, paralelamente co Dr. Rafael Salinas (ESMuC). Ten ofrecido recitais e concertos en diferentes salas da Comunidade Valenciana, Cataluña, Andalucía, Polonia, Rusia, Austria e Grecia.

Ademais foi galardonado en diversos concursos nacionais e internacionais, (Concurso de Piano de Benaguasil, “Lions Club” de Marbella, Premio Profesional Autonómico de piano….). Ten recibido consellos de prestixiosos mestres do piano como Tomás Vásáry, Tatiana Zelikman, Logan Skelton, Jean Saulnier, Hui-Ying Liu-Tawaststjerna, Anna Jastrzebska-Quinn, Salvador Mas ou Douglas Humpherys, entre outros.

O recital que Pau ofrecerá no conservatorio será o primeiro dunha xira que realizará por Galicia e incluirá obras de Johann Sebastian Bach, Ludwing Van Beethoven, Isaac Albéniz e Fréderick Chopin.
A entrada ao recital é aberta ao público.

Ao remate do recital os alumnos do centro poderán recoller, de man dos profesores titores, os infomes de avaliación do segundo trimestre.